28 de enero de 2014
19 de enero de 2014
Cando as historias se transforman en MÚSICA
A ópera, o ballet e moitas outras
obras da música culta teñen coma punto de partida as
lendas populares ou mitolóxicas, as narracións infantís e a literatura
popular ou de autor.
Son moitos os
compositores, músicos e coreógrafos que
nos contan historias trocando a linguaxe
oral e escrita pola lingua da música e da danza.
Os rapaces e
rapazas de 4º, 5º e 6º asistiron o día 17 de xaneiro a un concerto didáctico da
man da Orquestra do Conservatorio de Santiago e a Real Filharmonía para
realizar unha “Viaxe musical” por distintos lugares do mundo a través da música.
O primeiro
destino foi Londres. Edward Elgar
compuxo alí a suite “Pompa
e circunstancia” en 1901. A 1º Marcha que escoitamos neste concerto lembrounos
cerimonias e rituais con moita “pompa”.
Dende Londres
viaxamos a París. O compositor Jacques
Offenbach compuxo a ópera cómica Orfeo nos Infernos baseada no mito de
Orfeo e Eurídice. Escoitamos o “ Galop final “, un cancán que nos invitaba a bailar.
O seguinte
destino foi Italia. En 1813 Gioachino Rossini compuxo
a ópera “Il signor Bruschino” da
cal escoitamos a súa obertura. Nalgúns compases os violinistas transformáronse
en percusionistas golpeando ritmicamente
o atril co seu arco.
A viaxe continuou en lugares máis exóticos. Primeiro chegamos a
Irán, antigua Persia, onde a música de
Willian Ketelbey nos describiu “Un mercado persa” no que
non faltaron mercadores, faquires, encantadores de serpes, princesas, o
califa... todos nun ambiente moi
oriental.
E seguindo en oriente escoitamos a Danza
chinesa do ballet Crebanoces
de Tchaikovsky. Esta obra está
inspirada no conto de Hoffmann "O crebanoces e o rei
dos ratos". O fagot, as frautas e o pizzicato dos
violíns leváronnos en pouco máis dun
minuto ata a afastada China.
A viaxe musical rematou ao outro lado do
Atlántico. Aaron Coplan, compositor
estadounidense compuxo en 1942 o ballet Rodeo,
no que mediante a música e a danza nos conta as peripecias dunha vaqueira que busca o amor
no oeste americano.
Se
queres viaxar con estas melodías podes entrar na páxina do blog da aula de
música e atoparás diferentes versións de cada unha das obras do concerto.
¡ Boa viaxe!
http://zumzumm.blogspot.com.es/search/label/AUDICI%C3%93NS
17 de enero de 2014
Benvida
" Os libros, lugar onde dormen as historias que esperan ser espertadas polos/as futuros/as lectores/as".
Con estas palabras dámosvos a benvida o blogue da Biblioteca do CEIP "A.D.R. Castelao" de Ordes.
Con estas palabras dámosvos a benvida o blogue da Biblioteca do CEIP "A.D.R. Castelao" de Ordes.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)