17 de noviembre de 2015
9 de noviembre de 2015
SAMAÍN 2015
"O medo no mundo" un percorrido polos cinco continentes na procura de personaxes de medo.
Neste vídeo deixámosvos unha pequeña mostra das actividades realizadas no cole para celebrar o Samaín.
Neste vídeo deixámosvos unha pequeña mostra das actividades realizadas no cole para celebrar o Samaín.
29 de octubre de 2015
QUEN CANTA O SEU MEDO ESPANTA….
Un ano máis
chegou o outono e con el as castañas, as noces,
os cogomelos, os marmelos, as cabazas…
Tamén vai chegando o frío, a choiva, os temporais… e o Samaín. Con esta
celebración lembramos tradicións dos nosos antepasados e falamos de todo aquilo
que nos da medo para trocalo por risas.
Que mellor xeito
que cantar para botar o medo fóra!
Na aula de Música
escoitamos obras de grandes compositores que lle puxeron son as historias de
medo. Tamén cantamos cancións que falan
de cabazas, esqueletos e monstros que nos visitan no cole por estas datas. E
contamos CONTOS, contos aos que os rapaces lle poñemos son, contos que cantamos
mentres relatamos a historia, contos de personaxes de terror que nos fan botar
unhas risas...
7 de octubre de 2015
AQUÍ EMPEZA A VIAXE!
ESTAMOS TRABALLANDO NUN NOVO PROXECTO "OS XOGOS OLÍMPICOS".
CLICA NA IMAXE SE QUERES SABER MÁIS.....
25 de mayo de 2015
MAIOS NO CASTELAO
“Este mes de maio é o mes das flores,
cando os namorados
deixan ver os seus amores.
Seguindo o costume do ano pasado
aquí vimos todos, vimos cantar o maio.”
( Cantiga
popular)
Un
ano máis celebramos os Maios no Castelao.
Rapaces
de infantil e primaria encheron a escola con aromas a fiuncho, xestas e flores para realizar os Maios artísticos que colocaron no patio
da entrada.
“Pobres dos xardíns, montes e
prados,
quedaron sen nada por onde pasamos”
18 de mayo de 2015
"I Concurso Conxunto de Fotografía Matemática do CEIP ADR Castelao e o lES N°1 de Ordes"
BASES DO
CONCURSO
1.
TEMA: As fotografías matemáticas.
Deben ser fotografías que representen conceptos ou ideas matemáticas a partir
de imaxes cotiás. Terán que ser fotografías orixinais, inéditas e non
manipuladas dixitalmente.
2.
DESTINATARI@S: Poderán participar alumn@s de Educación Infantil e Educación
Primaria do C.E.LP. A.D.R. Castelao e de ESO, Bacharelato e Ciclos Formativos
do LE.S. N°1 de Ordes, distribuídos nas seguintes categorías:
a. Educación Infantil: 4°, 5° e 6° b.
Educación Primaria: 1° e 2°
c. Educación Primaria: 3° e 4° d.
Educación Primaria: 5° e 6°
e. E.S.O. – PCPI 2/ESA f. Bacharelato
– Ciclos Formativos
*A
participación será individual.
3.
NÚMERO DE FOTOS: Cada participante poderá presentar un máximo de dúas
fotografías.
4.
FORMATO DAS FOTOS: O tamaño de impresión mínimo será de 15 cm x 20 cm e o
máximo de 20 cm x 30 cm, cun peso máximo de 1,5 Mb.
5.
PRESENTACIÓN DAS FOTOS: Cada fotografía debe ir acompañada dun título e dun
breve texto descritivo/explicativo da mesma e da súa relación co mundo
matemático. Non serán válidas as fotos que non cumpran as normas de
presentación.
6.
LÍNGUA: O galego será a lingua utilizada para os títulos e os textos que
acompañen as fotografías.
7.
PREMIOS: Outorgaranse dous premios por cada unha das categorías, un primeiro
consistente nun vale de 25 € para material de librería e un segundo de
15 €.
8.
FORMA DE ENTREGA: As fotografías remitiranse mediante correo electrónico ás
direccións:
CEIP
Castelao: colecastelao2013@gmail.com
IES nº 1 Ordes: bibliotecaies1ordes@gmail.com
9.
DATA LÍMITE DE ENTREGA: A recepción das fotografías será desde o luns 18 de
maio ata o mércores 3 de xuño de 2015.
10.
XURADO: Estará composto por representantes de cada un dos centros educativos
participantes.
11.
FALLO: O resultado do concurso fallarase o 12 de xuño de 2015 e será publicado
no blog da biblioteca e tamén comunicado con antelación aos premiad@s.
12.
EXPOSICIÓN: Unha selección das fotografías aportadas serán expostas e a
totalidade dos materiais entregados para o concurso poderán ser usados pola
organización do mesmo.
14 de mayo de 2015
LUTHIERS DE 5º
O alumnado de quinto curso de primaria presentou e expuxo
o seu traballo como luthiers.
Finalizando o segundo trimestre, alumnos e alumnas de 5º curso estudaron a clasificación de instrumentos na
aula de música. A partir de información atopada en INTERNET e na biblioteca de
aula e do centro, prepararon a elaboración de instrumentos musicais realizados
con materiais de reciclaxe ou elementos caseiros empregados para outros usos na
casa. Tixolas, macetas, latas, caixas de zapatos, moldes de xeados, botellas,
paus… abandonaron a súa función habitual
para formar parte dunha orquestra escolar moi particular.
Cada alumno realizou una presentación oral do seu instrumento
e interpretou un esquema rítmico ou unha breve melodía con el. Explicaron tamén
o seu traballo mediante unha ficha expositiva sobre a súa creación en formato cómic, tema central da Casa de
Botalerias para este curso.
28 de abril de 2015
23 de abril de 2015
VISITA DE RODRIGO CHAO
O venres 17 de abril de 2015 o alumnado do 2º ciclo recibiu a visita de Rodrigo Chao. Ilustrador de, entre outros moitos libros, Xoa.
Moitas grazas
pola visita!
VISITA DE GUSTAVO OTERO OS NEN@S DO 2ºCICLO
O xoves 5 de marzo de 2015 o alumnado do 2º ciclo
recibiu a visita do mago, ilustrador e animador á lectura, Gustavo Otero.
Gustavo deleitounos con varios trucos de maxia
e fíxonos un debuxos moi divertidos!
Se
queredes saber máis deste mago tamén podedes entrar na súa páxina web:
20 de abril de 2015
CUARTO RETO DE BOTALERIAS
Botalerias segue cos seus retos, esta semana son en
inglés.
Infantil.
1º e 2º curso de primaria.
3º e 4º curso de primaria.
5º e 6º curso de primaria.
Moita sorte!
16 de abril de 2015
MatesEnMovemento/ ArteEnMovemento
Ok Go é un
grupo de Rock de Chicago que están triunfando en Internet pola súa
orixinalidade nos seus vídeos.
Aquí tedes unha mostra do seu traballo.
·
White Knuckles
·
The writing´s on the Wall.
·
I wan´t let you down.
·
Of the blue color of the sky.
13 de abril de 2015
TERCEIRO RETO DE BOTALERIAS.
Retos da semana.
Para Infantil
Para 1º Curso
Para 2º Curso
Para 3º e 4º Curso
Para 5º e 6º Curso
Ben, agora só queda pensar un pouquiño rapaces.
Moita sorte!!
7 de abril de 2015
23 de marzo de 2015
OS RETOS DE BOTALERIAS.
A exposición mulleres matemáticas arrancou esta semana
cunha serie de retos para os nen@s do cole.
O equipo
da biblioteca selecciona un problema para cada un dos niveles ( Infantil, 1º ciclo, 2º Ciclo e 3º ciclo). Cada semana un novo
reto, e así durante 5 semanas.
Os nen@s teñen toda a semana para
resolvelos, cada problema resolto e un selo de Botalerias. Se conseguen todos
os selos teñen un pequeno agasallo.
Estes son os problemas da primeira semana.
Na biblioteca do cole podedes atopar unha serie de libros que cos que achegarvos ás matemáticas dun xeito divertido.
19 de marzo de 2015
8 de MARZO DÍA DA MULLER TRABALLADORA
Nesta entrada queremos
presentarvos taboleiro Castelao, que
está no corredor principal.
Nel podedes ver unha exposición dalgúns
traballos que fixeron os nenos de 6º en
Educación Física para conmemorar o Día
da Muller Traballadora.
Ao seu carón podedes atopar un expositor cunha serie de
libros que traballan esta temática
Tamén podedes ver ao ladiño do taboleiro o mural que fixeron
os nenos de 3 anos B.
12 de marzo de 2015
9 de marzo de 2015
ELECTRO 6º
Aquí tedes os
traballos que fixeron os nen@ de 6º curso.
Na biblioteca do cole podedes atopar un gran variedade de libros con temáticas como: electricidade, magnetismo, forza....
2 de marzo de 2015
23 de febrero de 2015
Suscribirse a:
Entradas (Atom)