Un ano máis
chegou o outono e con el as castañas, as noces,
os cogomelos, os marmelos, as cabazas…
Tamén vai chegando o frío, a choiva, os temporais… e o Samaín. Con esta
celebración lembramos tradicións dos nosos antepasados e falamos de todo aquilo
que nos da medo para trocalo por risas.
Que mellor xeito
que cantar para botar o medo fóra!
Na aula de Música
escoitamos obras de grandes compositores que lle puxeron son as historias de
medo. Tamén cantamos cancións que falan
de cabazas, esqueletos e monstros que nos visitan no cole por estas datas. E
contamos CONTOS, contos aos que os rapaces lle poñemos son, contos que cantamos
mentres relatamos a historia, contos de personaxes de terror que nos fan botar
unhas risas...