7 de enero de 2016

17 de noviembre de 2015

O MAGOSTO

Se queredes ver como celebramos o Magosto no Castelao, facede clic no seguinte  vídeo.

9 de noviembre de 2015

SAMAÍN 2015

"O medo no mundo" un percorrido polos cinco continentes na procura de personaxes de medo.
    Neste vídeo deixámosvos unha pequeña mostra das actividades realizadas no cole para celebrar o Samaín.

29 de octubre de 2015

QUEN CANTA O SEU MEDO ESPANTA….


Un ano máis chegou o outono e con el as castañas, as noces,  os cogomelos, os marmelos, as cabazas…   Tamén vai chegando o frío, a choiva, os temporais… e o Samaín. Con esta celebración lembramos tradicións dos nosos antepasados e falamos de todo aquilo que nos da medo para trocalo por risas.

Que mellor xeito que cantar para botar o medo fóra!

Na aula de Música escoitamos obras de grandes compositores que lle puxeron son as historias de medo.  Tamén cantamos cancións que falan de cabazas, esqueletos e monstros que nos visitan no cole por estas datas. E contamos CONTOS, contos aos que os rapaces lle poñemos son, contos que cantamos mentres relatamos a historia, contos de personaxes de terror que nos fan botar unhas risas...


Na Biblioteca hai moitas historias de medo e risa agardando por ti.  



 




7 de octubre de 2015

AQUÍ EMPEZA A VIAXE!


ESTAMOS TRABALLANDO NUN NOVO PROXECTO     "OS XOGOS OLÍMPICOS".
CLICA NA IMAXE SE QUERES SABER MÁIS.....


25 de mayo de 2015

MAIOS NO CASTELAO


“Este mes de maio é o mes das flores,

 cando os namorados deixan ver os seus amores.

Seguindo o costume do ano pasado

aquí vimos todos, vimos cantar o maio.”

( Cantiga popular)

 

Un ano máis celebramos os Maios no Castelao.

Rapaces de infantil e primaria encheron a escola con aromas a  fiuncho, xestas e flores para realizar os Maios artísticos que colocaron no patio da entrada.

“Pobres dos xardíns, montes e prados,

      quedaron sen nada por onde pasamos
 
 

18 de mayo de 2015

"I Concurso Conxunto de Fotografía Matemática do CEIP ADR Castelao e o lES N°1 de Ordes"


BASES DO CONCURSO

 

1. TEMA: As fotografías matemáticas. Deben ser fotografías que representen conceptos ou ideas matemáticas a partir de imaxes cotiás. Terán que ser fotografías orixinais, inéditas e non manipuladas dixitalmente.

 

2. DESTINATARI@S: Poderán participar alumn@s de Educación Infantil e Educación Primaria do C.E.LP. A.D.R. Castelao e de ESO, Bacharelato e Ciclos Formativos do LE.S. N°1 de Ordes, distribuídos nas seguintes categorías:

a. Educación Infantil: 4°, 5° e 6°                   b. Educación Primaria: 1° e 2°

c. Educación Primaria: 3° e 4°                       d. Educación Primaria: 5° e 6°

e. E.S.O. – PCPI 2/ESA                          f. Bacharelato – Ciclos Formativos

*A participación será individual.

 

3. NÚMERO DE FOTOS: Cada participante poderá presentar un máximo de dúas fotografías.

 

4. FORMATO DAS FOTOS: O tamaño de impresión mínimo será de 15 cm x 20 cm e o máximo de 20 cm x 30 cm, cun peso máximo de 1,5 Mb.

 

5. PRESENTACIÓN DAS FOTOS: Cada fotografía debe ir acompañada dun título e dun breve texto descritivo/explicativo da mesma e da súa relación co mundo matemático. Non serán válidas as fotos que non cumpran as normas de presentación.

 

6. LÍNGUA: O galego será a lingua utilizada para os títulos e os textos que acompañen as fotografías.

 

7. PREMIOS: Outorgaranse dous premios por cada unha das categorías, un primeiro consistente nun vale de 25 para material de librería e un segundo de
15 .

 

8. FORMA DE ENTREGA: As fotografías remitiranse mediante correo electrónico ás direccións:

CEIP Castelao: colecastelao2013@gmail.com         IES nº 1 Ordes: bibliotecaies1ordes@gmail.com

 

9. DATA LÍMITE DE ENTREGA: A recepción das fotografías será desde o luns 18 de maio ata o mércores 3 de xuño de 2015.

 

10. XURADO: Estará composto por representantes de cada un dos centros educativos participantes.

 

11. FALLO: O resultado do concurso fallarase o 12 de xuño de 2015 e será publicado no blog da biblioteca e tamén comunicado con antelación aos premiad@s.

 

12. EXPOSICIÓN: Unha selección das fotografías aportadas serán expostas e a totalidade dos materiais entregados para o concurso poderán ser usados pola organización do mesmo.