O
23 de abril foi o Día do libro e os/as nenos/as de 3 anos celebrámolo
por todo o alto. Lemos libros na aula, fixemos coa axuda das nosas
familias dous libros de contos tradicionais, coloreamos os
marcapáxinas de Botalerias,... e o máis especial! Os contacontos
das nosas mamis e papis na biblioteca do centro: moitas grazas a
mamá de Bruno, a mamá de David, a mamá de Nuria, a mamá Érika, a mamá de Mauro, a mamá de Hugo e os papás de Xabi Regos.
30 de mayo de 2014
27 de mayo de 2014
23 de mayo de 2014
LETRAS GALEGAS 2014
Xosé María Díaz Castro (1914 – 1989), poeta orixinario de Os Vilares
de Parga, Guitiriz ( Lugo).
Podes ver aquí un conto editado polo colectivo Fabaloba.
“O neno e a estrela” é un relato ilustrado creado a
partir dalgunhas das temáticas do libro de poemas “Nimbos” de Xosé María Díaz
Castro. O protagonista da historia é Díaz Castro cando neno, que debe asumir a
tarefa da devolver unha estrela ao seu lugar no universo.
(Fai clic na imaxe para poder ler o libro)
Enlaces de interés:
2. “Penélope” o poema máis coñecido de Díaz Castro, vídeo que nos ofrece As Barxas.
- Fai clic no seguinte enlace se queres saber máis da súa vida.
2. “Penélope” o poema máis coñecido de Díaz Castro, vídeo que nos ofrece As Barxas.
Pasapalabrasobre a figura de Díaz Castro, pon a proba os teuscoñecementos, tamén doCeip A Ponte de Lugo
CELEBRACIÓN DOS MAIOS NA SEMANA DAS LETRAS
Dende o 12 ao 16 de maio non CEIP Castelao de Ordes celebramos a festa dos Maios.Durante esta semana decoramos os nosos Maios con fiuncho, flores, ovos vacíos, colares de laranxas... Divertímonos moito!E como non podía faltar nunha celebración dos Maios, cantamos coplas e cancións ao seu arredor!
CONTO MUSICADO DE 3ºC
O día 16 de maio os nenos e as nenas de 3º C agasallaron ao segundo ciclo cun conto musicado para celebrar as nosas Letras:
E para rematar a mañá cantamos todos a canción "Esa lus", adicada a Xosé María Díaz Castro, con fragmentos dos seus versos, proposta polo Ies. Poeta Díaz Castro de Melide.
7 de mayo de 2014
MARCA PÁXINAS DE BOTALERIAS
“Se queres
aventura, lánzate a lectura”.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)