23 de mayo de 2014

LETRAS GALEGAS 2014


O vindeiro 17 de maio celébrase o Día das Letras Galegas. Este ano o Homenaxeado é
 Xosé María Díaz Castro  (1914 – 1989), poeta orixinario de Os Vilares de Parga, Guitiriz ( Lugo). 





Podes ver aquí un conto editado polo colectivo Fabaloba.

“O neno e a estrela” é un relato ilustrado creado a partir dalgunhas das temáticas do libro de poemas “Nimbos” de Xosé María Díaz Castro. O protagonista da historia é Díaz Castro cando neno, que debe asumir a tarefa da devolver unha estrela ao seu lugar no universo.
(Fai clic na imaxe para poder  ler o libro)


http://www.youblisher.com/p/873214-O-neno-e-a-estrela/
Enlaces de interés:


  1. Fai clic no seguinte enlace se queres saber máis da súa vida.
 

 

2. “Penélope” o poema máis coñecido de Díaz Castro, vídeo que nos ofrece  As Barxas.


                                              




http://www.edu.xunta.es/centros/ceipaponte/system/files/u27/letras_gallegas_2014.swf


Pasapalabrasobre a figura de Díaz Castro, pon a proba os teuscoñecementos, tamén doCeip A Ponte de Lugo





CELEBRACIÓN DOS MAIOS NA SEMANA DAS LETRAS

Dende o 12 ao 16 de maio non CEIP Castelao de Ordes celebramos a festa dos Maios.Durante esta semana decoramos os nosos Maios con fiuncho, flores, ovos vacíos, colares de laranxas... Divertímonos moito! 
E como non podía faltar nunha celebración dos Maios, cantamos coplas e cancións ao seu arredor!






CONTO MUSICADO DE 3ºC

O día 16 de maio os nenos e as nenas de 3º C agasallaron ao segundo ciclo cun conto musicado para celebrar as nosas Letras:
 

E para rematar a mañá cantamos todos a canción "Esa lus", adicada a Xosé María Díaz Castro, con fragmentos dos seus versos, proposta polo Ies. Poeta Díaz Castro de Melide.


No hay comentarios:

Publicar un comentario