O mércores
6 de abril, con motivo
da conmemoración do “Día Internacional
da Actividade Física”, no CEIP ADR Castelao de Ordes realizaremos unha serie de actividades físicas no noso
centro dirixidas ao alumnado de Educación Primaria.
A OMS no ano 2002 decidiu
adicar un día para celebrar a vida entorno ao exercicio físico. O Día
Internacional da Actividade Física celébrase dende entón cada 6 de abril e
trátase dun día no que se convida á poboación mundial á realización de
exercicio físico diario para mellorar a súa saúde. Ademais esta celebración
coincide coa celebración ao día seguinte do Día Mundial da Saúde, que todos os
anos se celebra o 7 de abril.
O aumento da Actividade Física é beneficioso para a Saúde
en todos os grupos de idade. A OMS fai unhas recomendacións sobre a cantidade
óptima de Actividade Física e incide na necesidade de que as persoas inactivas
comecen con pequenas cantidades de exercicio físico e incrementar gradualmente
a súa duración, frecuencia e intensidade.
Nos seguintes enlaces podedes atopar datos de interese en
relación coa Actividade Física e a Saúde, e algunhas recomendacións da OMS
(Organización Mundial da Saúde):
No hay comentarios:
Publicar un comentario