
O 24 de febreiro conmemórase o Día de Rosalía, coincidindo coa data na que naceu no ano 1837.
No noso colexio quixemos facerlle unha pequena homenaxe a unha das escritoras máis importantes na nosa literatura e fixemos un pequeno percorrido pola súa vida e obra.
24 DE FEBREIRO - DÍA DE ROSALÍA
DE CASTRO
O 24 de febreiro de hai 177 anos
naceu unha das escritoras claves da literatura e da historia de Galicia , Rosalía de Castro. Poeta e novelista tanto en lingua española como galega, está considerada
como unha das escritoras máis importantes do S.XIX.
Rosalía naceu en Santiago de Compostela, en 1837. Desde ben nena
pasou a vivir coa súa
nai, primeiro na zona de Padrón e, a partir de 1850, en Santiago de Compostela, lugar
de encontro dos intelectuais comprometidos co movemento provincialista.
Rosalía marcha a Madrid, en 1856.
Alí casa
con Manuel Murguía
en 1858 e publica as súas
primeiras obras: o poemario La Flor (1857) e
mais a novela La
hija del mar
(1859). Nesta última aparece xa a Rosalía feminista, a escritora
que, dentro dos estreitos límites que lle impón a época, fai unha alegación en defensa
dos dereitos da muller.
A década dos 60 foi un período de
grande efervescencia intelectual e política. Neste ambiente de ilusión e
esperanza no futuro, Rosalía escribiu os Cantares gallegos, cuxa publicación,
en 1863, marcou o inicio do Primeiro Renacemento.
Rosalía era por entón unha escritora profesional que
colaboraba con regularidade en diversas publicacións,
mentres atendía ás
obrigas familiares que a levaron a residir unhas veces en Castela e outras en
Galicia, onde ficará
definitivamente na década
dos 70.
Á ilusión seguiu o desengano, agravado
polas dificultades económicas
derivadas do cambio político.
A máis
relevante escritora das nosas letras tivo que publicar o seu derradeiro
poemario galego, Follas Novas (1880), na Habana e Madrid. O desencanto e
a amargura ditaron as "Dúas palabras da autora" con que se abre este
poemario, en que a muller galega, os nenos, os vellos e todos os desposuídos encontraron a súa voz
propia.
Rosalía morre en 1885, deixando unha importantísima obra en español, poética
(En las orillas del Sar) e narrativa (El primer loco, Ruinas, El
caballero de las botas azules).
No centenario da publicación de Cantares
Gallegos, a Real Academia Galega consagrou o 17 de Maio á celebración
do Día das Letras
Galegas, que lle foron dedicadas a Rosalía na súa primeira
edición.
Símbolo do pobo galego apostou pola nosa lingua, a galega, nunha época na que
estaba totalmente desprestixiada. Así o galego cobraba vida na súa voz, nos
seus textos.
Os restos da nosa máis insigne
escritora repousan no Panteón de Galegos Ilustres, en San Domingos de Bonaval.
Velaquí tedes algúns dos seus poemas máis coñecidos:
NEGRA SOMBRA , interpretada por Luz Casal
ADIÓS RÍOS , ADIÓS FONTES , interpretada por Amancio Prada
Os máis pequenos podedes disfrutar tamén de Rosalía con este conto onde poderes atopar algúns dos seus poemas interpretados por Uxía:
ENLACES DE INTERESE:

LIM PARA ED. INFANTIL E 1º CICLO DE PRIMARIA.
LIN PARA O 2º E 3º CICLO DE PRIMARIA (A CARACOLATOLA)
FUNDACIÓN ROSALÍA DE CASTRO