23 de febrero de 2014

RECORDANDO A ROSALÍA DE CASTRO






O 24 de febreiro conmemórase o Día de Rosalía, coincidindo coa data na que naceu no ano 1837.

No noso colexio quixemos facerlle unha pequena homenaxe a unha das escritoras máis importantes na nosa literatura e fixemos un pequeno percorrido pola súa vida e obra.





24 DE FEBREIRO - DÍA DE ROSALÍA DE CASTRO

O 24 de febreiro de hai 177 anos naceu unha das escritoras claves da literatura e da historia de Galicia , Rosalía de Castro. Poeta e novelista tanto en lingua española como galega, está considerada como unha das escritoras máis importantes do S.XIX.
Rosalía naceu en Santiago de Compostela, en 1837. Desde ben nena pasou a vivir coa súa nai, primeiro na zona de Padrón e, a partir de 1850, en Santiago de Compostela, lugar de encontro dos intelectuais comprometidos co movemento provincialista.

Rosalía marcha a Madrid, en 1856. Alí casa con Manuel Murguía en 1858 e publica as súas primeiras obras: o poemario La Flor (1857) e mais a novela La hija del mar (1859). Nesta última aparece xa a Rosalía feminista, a escritora que, dentro dos estreitos límites que lle impón a época, fai unha alegación en defensa dos dereitos da muller.

A década dos 60 foi un período de grande efervescencia intelectual e política. Neste ambiente de ilusión e esperanza no futuro, Rosalía escribiu os Cantares gallegos, cuxa publicación, en 1863, marcou o inicio do Primeiro Renacemento.

Rosalía era por entón unha escritora profesional que colaboraba con regularidade en diversas publicacións, mentres atendía ás obrigas familiares que a levaron a residir unhas veces en Castela e outras en Galicia, onde ficará definitivamente na década dos 70.


Á ilusión seguiu o desengano, agravado polas dificultades económicas derivadas do cambio político. A máis relevante escritora das nosas letras tivo que publicar o seu derradeiro poemario galego, Follas Novas (1880), na Habana e Madrid. O desencanto e a amargura ditaron as "Dúas palabras da autora" con que se abre este poemario, en que a muller galega, os nenos, os vellos e todos os desposuídos encontraron a súa voz propia.

Rosalía  morre en 1885, deixando unha importantísima obra en español, poética (En las orillas del Sar) e narrativa (El primer loco, Ruinas, El caballero de las botas azules). 

No centenario da publicación de Cantares Gallegos, a Real Academia Galega consagrou o 17 de Maio á celebración do Día das Letras Galegas, que lle foron dedicadas a Rosalía na súa primeira edición.

Símbolo do pobo galego apostou pola nosa lingua, a galega, nunha época na que estaba totalmente desprestixiada. Así o galego cobraba vida na súa voz, nos seus textos.

Os restos da nosa máis insigne escritora repousan no Panteón de Galegos Ilustres, en San Domingos de Bonaval.

Velaquí tedes algúns dos seus poemas máis coñecidos:

NEGRA SOMBRA , interpretada por Luz Casal


 ADIÓS RÍOS , ADIÓS FONTES , interpretada por Amancio Prada


 Os máis pequenos podedes disfrutar tamén de Rosalía con este conto onde poderes atopar algúns dos seus poemas interpretados por Uxía:




ENLACES DE INTERESE:






LIM PARA ED. INFANTIL E 1º CICLO DE PRIMARIA.








LIN PARA O 2º E 3º CICLO DE PRIMARIA (A CARACOLATOLA)

FUNDACIÓN ROSALÍA DE CASTRO




No hay comentarios:

Publicar un comentario