Na aula
de música mesturamos a literatura coa
música para conmemorar unha data tan
especial como é o 30 de xaneiro, día da Paz. Escoitamos, cantamos, lemos e miramos contos que nos ofrecen algo máis que historias con contidos musicais.

É
posible que non o creas, pero para que o ruído se converta en música o máis
importante é levarse ben.
Elefante e Crocodilo son veciños. A Elefante ponlle nervioso oír o violín de Crocodilo, e este
non soporta o son da
trompeta de Elefante. Terán que
acontecer moitas cousas antes de que poidan tocar os dous xuntos!
Sofía deixa a súa aldea, onde é moi querida por todos os veciños para ir á cidade en busca dun soño: participar nun concurso musical. Busca unha banda que queira contratala como cantante, pero resúltalle moi difícil.
Aínda que ela é unha extraordinaria artista, tropézase con que as orquestras a rexeitan porque non é demasiado alta, porque os seus cornos son pequenos ou porque non é de cor branca e negra. É dicir, rexéitana por cuestións que nada teñen que ver coa música. Que pode facer? Antes de regresar decepcionada á súa aldea, comproba que sempre hai algo ou alguén que, nos momentos máis baixos, pode darnos ese pequeno empuxonciño que necesitamos para superar os contratempos cos que nos tropezamos na vida.
Hai persoas de tódolos tamaños, formas e cores.
Hai persoas con
gustos e afeccións moi diferentes, pero cada unha delas é especial.
"O
importante é ter amigos
cos que poder xogar:
altos ou máis baixiños,
louros ou morenos.
Iso a min dáme igual
TI ES ESPECIAL!”
O Gran xeneral estaba preocupado. No seu uniforme cheo
de condecoracións gañadas en multitude
de batallas había un pequeno rinconciño baleiro. Que podía facer para gañar
unha medalla? Non se lle ocorreu mellor
cousa que iniciar unha guerra pero no medio das súas tropas había un pequeno e
vello grupo de soldados moi especiais: a banda musical de xubilados do
exército.
A historia está chea de expresións e
palabras que mesturan a linguaxe propia dun militar con expresións e frases feitas moi musicais.

É posible que non o creas, pero para que o ruído se converta en música o máis importante é levarse ben.
Elefante e Crocodilo son veciños. A Elefante ponlle nervioso oír o violín de Crocodilo, e este non soporta o son da trompeta de Elefante. Terán que acontecer moitas cousas antes de que poidan tocar os dous xuntos!
Hai persoas de tódolos tamaños, formas e cores.

Hai persoas con gustos e afeccións moi diferentes, pero cada unha delas é especial.
"O importante é ter amigos
cos que poder xogar:
altos ou máis baixiños,
louros ou morenos.
Iso a min dáme igual
TI ES ESPECIAL!”

No hay comentarios:
Publicar un comentario