23 de febrero de 2015
19 de febrero de 2015
VISITA AUTOR DE “FELIZ FEROZ”.
O pasado 10 de febreiro
visitou a biblioteca do cole El Hematocrítico, o autor do libro “Feliz Feroz”.
Despois dunha charla cos nen@s do 1º ciclo de primaria, asinoulles os libros.
Por certo está a traballar nun novo libro e pediulle axuda aos cativos para escoller o título. Aquí tedes algunhas propostas.
Moitas grazas pola visita.
12 de febrero de 2015
LIBRO DOS NEN@S DE 4 ANOS B
Imos ter sorte.
Os fondos da nosa biblioteca van aumentar cando os nen@s
de 4 anos B rematen o libro que están escribindo coas súas familias.
10 de febrero de 2015
DÍA DA PAZ
A pombiña da Paz comparte cos alumn@s de 1ºB mensaxes en
forma de cómic para que reflexionen e falen sobre o tema.
“XORNADAS DE EXPOSICIÓN E DIVULGACIÓN DO MUNDO DO CÓMIC”
Continuando
co programa de oferta de actividades que dende a Biblioteca do C.E.I.P. A.D.R.
Castelao se están a desenvolver durante o presente curso, próximamente na
Biblioteca realizarase unha actividade que consistirá nunhas “Xornadas de
exposición e divulgación do Mundo do Cómic”.
Estas xornadas
teñen como finalidade a promoción da participación de nais e pais nas
actividades da Biblioteca Escolar, como fonte de estímulo para a lectura do
noso alumnado, ampliando espazo educativo habitual e favorecendo a interacción
da comunidade educativa.
A actividade
polo tanto está orientada á participación de nais e pais do alumnado do noso
centro e o número máximo de participantes en cada xornada será de 25. Para
participar será necesario confirmar a asistencia chamando ao número de teléfono
do centro, 981 68 08 42.
Para
posibilitar a máxima participación realizarase en varias xornadas a partir do mércores
11 de febreiro, en horario de 16:30h. a 17:30h.
9 de febrero de 2015
O CÓMIC DA CASTAÑA E O VERME. CURSO ACADÉMICO 2014-15.
Este traballo foi realizado polos
nenos e nenas de 4 anos A do CEIP “A.D.R.Castelao” (Ordes). Xurdiu como centro
de interese dende o equipo da biblioteca deste centro,pois unha das súas
propostas para este ano é o cómic. Así que, dende esta clase, puxémonos mans á
obra.
Foi un traballo moi interesante, pois é un formato de lectura pouco
habitual e que requiriu dunha introdución.Nesta etapa educativa, aproximámonos
á lectura dende múltiples formas, e dende logo o cómic, está sendo unha ferramenta
moi enriquecedora.Hai que salientar que non só é fundamental a descodificación
das letras, senón que é necesaria a atención nas súas viñetas, xa que en cada
unha delas sempre sucede algo!. É unha información visual que acompaña a este
proceso. Outras ferramentas que tiveron que estar presentes é a orientación
espacial e temporal, pois para o desfrute da lectura dun cómic é fundamental.
Neste contexto, e logo da lectura de varios cómics na aula, pareceunos que
a propia elaboración dun cómic, sería interesante para a interiorización deste
novo formato para os nenos e nenas. Elaborando a estrutura, será máis doado ter
en conta todos os aspectos mencionados.
E así foi. Co motivo da chegada do outono e das castañas, elaboramos unha
sinxela historia doada de adaptar ao cómic. Tivemos que aprender conceptos como
“viñeta”, “diálogo”, “bocadillos”….
Os nenos e nenas traballaron moito: ilustraron, recortaron, escribiron…
Unha vez realizado, desfrutamos coa súa lectura. E seguiu sendo un recurso
educativo, xogando a adiviñar que dicían
as súas persoaxes, por exemplo.
Agardamos que vos guste!!!
Os nenos e nenas de 4 anos A e a súa mestra.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)