Continuando
co programa de oferta de actividades que dende a Biblioteca do C.E.I.P. A.D.R.
Castelao se están a desenvolver durante o presente curso, próximamente na
Biblioteca realizarase unha actividade que consistirá nunhas “Xornadas de
exposición e divulgación do Mundo do Cómic”.
Estas xornadas
teñen como finalidade a promoción da participación de nais e pais nas
actividades da Biblioteca Escolar, como fonte de estímulo para a lectura do
noso alumnado, ampliando espazo educativo habitual e favorecendo a interacción
da comunidade educativa.
A actividade
polo tanto está orientada á participación de nais e pais do alumnado do noso
centro e o número máximo de participantes en cada xornada será de 25. Para
participar será necesario confirmar a asistencia chamando ao número de teléfono
do centro, 981 68 08 42.
Para
posibilitar a máxima participación realizarase en varias xornadas a partir do mércores
11 de febreiro, en horario de 16:30h. a 17:30h.
No hay comentarios:
Publicar un comentario