Este traballo foi realizado polos
nenos e nenas de 4 anos A do CEIP “A.D.R.Castelao” (Ordes). Xurdiu como centro
de interese dende o equipo da biblioteca deste centro,pois unha das súas
propostas para este ano é o cómic. Así que, dende esta clase, puxémonos mans á
obra.
Foi un traballo moi interesante, pois é un formato de lectura pouco
habitual e que requiriu dunha introdución.Nesta etapa educativa, aproximámonos
á lectura dende múltiples formas, e dende logo o cómic, está sendo unha ferramenta
moi enriquecedora.Hai que salientar que non só é fundamental a descodificación
das letras, senón que é necesaria a atención nas súas viñetas, xa que en cada
unha delas sempre sucede algo!. É unha información visual que acompaña a este
proceso. Outras ferramentas que tiveron que estar presentes é a orientación
espacial e temporal, pois para o desfrute da lectura dun cómic é fundamental.
Neste contexto, e logo da lectura de varios cómics na aula, pareceunos que
a propia elaboración dun cómic, sería interesante para a interiorización deste
novo formato para os nenos e nenas. Elaborando a estrutura, será máis doado ter
en conta todos os aspectos mencionados.
E así foi. Co motivo da chegada do outono e das castañas, elaboramos unha
sinxela historia doada de adaptar ao cómic. Tivemos que aprender conceptos como
“viñeta”, “diálogo”, “bocadillos”….
Os nenos e nenas traballaron moito: ilustraron, recortaron, escribiron…
Unha vez realizado, desfrutamos coa súa lectura. E seguiu sendo un recurso
educativo, xogando a adiviñar que dicían
as súas persoaxes, por exemplo.
Agardamos que vos guste!!!
Os nenos e nenas de 4 anos A e a súa mestra.
No hay comentarios:
Publicar un comentario