30 de mayo de 2014

ASÍ CELEBRARON O DÍA DO LIBRO OS/AS NENOS/AS DE TRES ANOS.


     O 23 de abril foi o Día do libro e os/as  nenos/as de 3 anos celebrámolo por todo   o alto. Lemos libros na aula, fixemos coa axuda das nosas familias dous libros de contos tradicionais, coloreamos os marcapáxinas de Botalerias,... e o máis especial! Os contacontos das nosas mamis e papis na biblioteca do centro:  moitas grazas a mamá de Bruno, a mamá de David, a mamá de Nuria, a mamá Érika, a mamá de Mauro, a mamá de Hugo e os papás de Xabi Regos.
 

 

 





 

27 de mayo de 2014

50 ANOS CON MAFALDA


Quino, o creador de Mafalda, foi galardoado o mércores 21 de maio co Premio Príncipe de Asturias de Comunicación e Humanidades 2014.

 Este premio chégalle a Quino o mesmo ano no que se celebra o 50 aniversario da creación deste popular cómic.

23 de mayo de 2014

LETRAS GALEGAS 2014


O vindeiro 17 de maio celébrase o Día das Letras Galegas. Este ano o Homenaxeado é
 Xosé María Díaz Castro  (1914 – 1989), poeta orixinario de Os Vilares de Parga, Guitiriz ( Lugo). 





Podes ver aquí un conto editado polo colectivo Fabaloba.

“O neno e a estrela” é un relato ilustrado creado a partir dalgunhas das temáticas do libro de poemas “Nimbos” de Xosé María Díaz Castro. O protagonista da historia é Díaz Castro cando neno, que debe asumir a tarefa da devolver unha estrela ao seu lugar no universo.
(Fai clic na imaxe para poder  ler o libro)


http://www.youblisher.com/p/873214-O-neno-e-a-estrela/
Enlaces de interés:


  1. Fai clic no seguinte enlace se queres saber máis da súa vida.
 

 

2. “Penélope” o poema máis coñecido de Díaz Castro, vídeo que nos ofrece  As Barxas.


                                              




http://www.edu.xunta.es/centros/ceipaponte/system/files/u27/letras_gallegas_2014.swf


Pasapalabrasobre a figura de Díaz Castro, pon a proba os teuscoñecementos, tamén doCeip A Ponte de Lugo





CELEBRACIÓN DOS MAIOS NA SEMANA DAS LETRAS

Dende o 12 ao 16 de maio non CEIP Castelao de Ordes celebramos a festa dos Maios.Durante esta semana decoramos os nosos Maios con fiuncho, flores, ovos vacíos, colares de laranxas... Divertímonos moito! 
E como non podía faltar nunha celebración dos Maios, cantamos coplas e cancións ao seu arredor!






CONTO MUSICADO DE 3ºC

O día 16 de maio os nenos e as nenas de 3º C agasallaron ao segundo ciclo cun conto musicado para celebrar as nosas Letras:
 

E para rematar a mañá cantamos todos a canción "Esa lus", adicada a Xosé María Díaz Castro, con fragmentos dos seus versos, proposta polo Ies. Poeta Díaz Castro de Melide.


7 de mayo de 2014

MARCA PÁXINAS DE BOTALERIAS


 
Como xa anunciamos na entrada anterior aquí están algúns

 dos marca páxinas que fixeron os/as nenos/as do cole. 
 

 
 
 
 

“Se queres aventura, lánzate a lectura”.



21 de abril de 2014

23 DE ABRIL DÍA DO LIBRO.

 
23 de abril de cada ano, dende 1976, e coincidindo coa celebración do Día do Libro, fállase o Premio Cervantes.
Este ano dito premio recoñece o labor literario de Elena Poniatowska .Coñecida como a rebelde 'Princesa Roja', Poniatowska  é unha  das voces máis poderosas da literatura en español da actualidade.

A autora de “ La piel del cielo” recibe o recoñecemento maís importante das letras hispanas pola súa “brillante” traxectoria literaria e unha dedicación “exemplar” ao periodismo sempre dende un firme compromiso coa historia contemporánea”, segundo o      fallo do galardón.







Dende a biblioteca pensamos que sería unha boa forma de
 celebrar o  Día do libro facendo un marca páxinas coa nosa
 mascota, Botalerias.

"Aprende a viaxar nun libro e descubrirás un amigo".
 

 







30 de marzo de 2014

VISITA DE JACOBO FERNÁNDEZ SERRANO


Os/as nen@s de 1º ciclo de primaria recibiron  a visita de Jacobo Fernández Serrano DEBUXANTESCRITOR EN CÓMICS, LIBROS E CADROS.

Nas aulas leron os seus cómics:

·       MARCOPOLA, A ILLA REMEIRA. 1. As orixes de Marcopola.

 

MARCOPOLA, antes de chamarse Marcopola, era unha illa illada no medio do océano, e aburríase moito. Todo cambiou aquela mañá en que un estraño obxecto apareceu na súa praia. Que sería esa cousa tan rara? Para que serviría? Marcopola. A illa remeira é o inicio dunha serie de cómic para os primeiros lectores que seguirá coa publicación de Marcopola e os piratas da Lúa!

 

·       MARCOPOLA, A ILLA REMEIRA. 2. Os Piratas da Lúa.

Nesta nova aventura MARCOPOLA e LIBRO coñecen os Piratas da Lúa, unha estrafalaria banda de mariños nocturnos moi amigos da festa rachada. Xuntos pasarano de marabilla, mais tamén haberán de enfrontarse ao malvado Almirante Cobreguiña e á súa desapiadada tripulación.


 
Durante a visita charlar Jacobo Fernández Serrano falou c@s nen@s, debuxou  e firmoulle os libros.



 
 
 






19 de marzo de 2014

ACTIVIDADES DA SEMANA DA PRENSA


   A  pasada semana celebramos  a semana da prensa na escola realizando moitas e diversas actividades nas aulas. Esta semana os alumnos de I ciclo reciclaron o papel dos xornais  vellos dun xeito moi especial.

 
 
Primeiro  investigaron   diferentes sons que  se poden escoitar empregando unha simple folla de xornal. Escoitaron como sona  un papel cando o sacudimos, o fretamos, o engurramos,o estiramos, o rachamos...

 
 



Despois inventaron símbolos escritos para cada un dos sons e os organizaron creando unha partitura moi particular.

 
 
 
A continuación aprenderon unha breve retahila   sobre o papel  e finalmente interpretaron o “Rondó do papel” con diversos ritmos empregando as follas de papel como instrumento musical.