A pasada semana celebramos a semana da prensa na escola realizando
moitas e diversas actividades nas aulas. Esta semana os alumnos de I ciclo reciclaron o papel dos xornais vellos dun xeito moi especial.
Primeiro investigaron
diferentes sons que se poden
escoitar empregando unha simple folla de xornal. Escoitaron como sona un papel cando o sacudimos, o fretamos, o engurramos,o estiramos, o rachamos...
Despois inventaron
símbolos escritos para cada un dos sons e os organizaron creando unha partitura
moi particular.
A continuación aprenderon unha breve
retahila sobre o papel e finalmente interpretaron o “Rondó do papel”
con diversos ritmos empregando as follas de papel como instrumento musical.



No hay comentarios:
Publicar un comentario