Na aula de
música conmemoramos o 8 de marzo, día da muller
contando e cantando a historia de
Clementina
Artur e Clementina comeza cunha preciosa
historia de amor e ilusións compartidas entre dúas tartarugas. O paso do tempo
fai que a monotonía entre na vida de Clementina que ve como todas as súas
aspiracións son freadas por Artur quen a ridiculiza constantemente.
Artur e Clementina é unha historia fabulada que
pretende poñer en valor o rol
feminino na sociedade, erradicar os estereotipos sexistas e a discriminación, para cambiar
mentalidades e construír un mundo
mellor.
No hay comentarios:
Publicar un comentario