8 de marzo de 2014

8 de Marzo Día da Muller Traballadora


Os días 6 e 7 de marzo de 2014, os/as nenos/as do 1º ciclo visitaron a Biblioteca Municipal de Ordes. Alí participaron na actividades que ten por título: “Contiños para compartir”. Despois de escoitar o conto participaron nunha pequena charla e reflexión sobre o mesmo.

·        1ºDE PRIMARIA.

Lectura do conto “Carlota e o Príncipe azul”. O argumento da historia serve para facer unha comparativa con contos clásicos, como “Brancaneves”, “Cinsenta”, “A princesa e o chícharo”…, reflexionando sobre a actitude das princesas nos diversos contos.


·        2º DE PRIMARIA.

Lectura do conto: “Titiritesa”. Despois da lectura do conto trataron a temática da imaxe da muller e as princesas nos contos, as novas actitudes, a non violencia como arma de resolución de conflitos e a normalización das novas formas de relación afectiva, en torno aos contos.

 
Esta actividade forma parte do programa: ANIMACIÓN Á LECTURA EN IGUALDADE. Foi organizada pola Biblioteca Municipal do Concello de Ordes e o Centro de Información a Muller da Mancomunidade de Ordes.












8 DE MARZO: DÍA DA MULLER TRABALLADORA

Para conmemorar esta data tan especial os nenos e as nenas de 5ºA investigaron sobre algunhas mulleres de recoñecido mérito polo seu traballo en distintos ámbitos. As fotos de cada unha delas pertencen á súa infancia ou adolescencia.

Velaquí tedes o resultado:

























Por outra banda, algúns alumnos  e alumnas de 6º curso quixeron facer a súa homenaxe á muller traballadora facendo unha exposición sobre a vida de mulleres tamén moi coñecidas con traballos de índole moi diferente: políticas, científicas, pilotos, escritoras, ...















No hay comentarios:

Publicar un comentario