Do 10 ó 14 de marzo celébrase a semana
da Prensa na escola.

A semana da Prensa na escola axuda ós alumn@s a comprender un pouco mellor o mundo da prensa. É unha celebración que permite achegar o xornal as nosas aulas e establecer actividades de ensinanza-aprendizaxe sobre este soporte
Cinco boas razóns para levar a prensa á escola (Segundo a web Educaciónen Valores)
1 .O
periódico é unha ferramenta única. Trata cada día infinidade de temas e é
perfectamente adecuado para utilizar en calquera nivel, desde infantil ata
bacharelato.
2. Os
xornais están ao día, axudan aos alumn@s a informarse e a converterse en
cidadáns responsables. Tenden unha ponte entre o mundo real e a aula.
3. Os
periódicos son motivadores e xeran actitudes positivas ante a lectura. Todo o mundo
atopa no periódico algo que lle interesa e divirte.
4. Os
periódicos non só axudan aos alumn@s a mellorar o seu nivel de lectura, senón
tamén a facelo de forma crítica.
5.
Unha vez que os nenos aprenden a usar o xornal para obter información, teñen unha
ferramenta imprescindible para toda a súa vida.
Materiais interesantes para celebrar a semana da prensa:
http://www.edu.xunta.es/espazoAbalar/sites/espazoAbalar/files/datos/1285222882/contido/index.HTMLhttp://www.edu.xunta.es/espazoAbalar/sites/espazoAbalar/files/datos/1285153713/contido/index.HTML
Na biblioteca temos un expositor con xornais de distintos lugares.
.
No hay comentarios:
Publicar un comentario