
Os/as
nenos e nenas de 5 anos B, xunto coa súa mestra Nelly, iniciáronse nun proxecto
que tiña como fin coñecer un pouco mellor o mundo das abellas. O porqué deste
proxecto non é máis que coñecer un pouco máis Pepa a súa mascota.
Na aula fixeron
traballos que lles axudou a coñecer un pouco máis o mundo das abellas.
Fai clic na imaxe para ver unha pequena mostra do seu traballo …
Quixeron que este proxecto chegase ás familias. Así coas achegas
das familias e nós ambientamos a aula.


No mes de abril, grazas á colaboración coas familias recibimos a visita de Suso Asorey que no ano 2004, fundou “A casa das abellas”, centro de visitantes, dedicado a salientar o imprescindible labor ambiental das abellas e o valor dos seus extraordinarios produtos.
Tamén é o autor de “Historia dunha pinga de mel, da flor
á mesa” e o libro “A marabillosa historia da abella Apolinaria”. Fai clic na imaxe para acceder "A casa das abellas"
Unha maleta cheíña de abellas foi a forma na que Suso quixo
empezar esta charla cos neno/as. Nela puideron ver a raíña, os zánganos e as
obreiras.
·
Sabedes…..
Quen vive na colmea?
Como se alimenta a raíña? Cal é o seu traballo?
As abellas teñen dous estómagos?
Os
nenos fixeron unha vela ….
E remataron probando o mel …
GRAZAS POLA VISITA E ATA PRONTO!
No hay comentarios:
Publicar un comentario