8 de junio de 2014

VISITA DO ESCRITOR MANUEL RIVAS

VISITA DO ESCRITOR MANUEL RIVAS


O martes 3 de xuño de 2014 os nenos e as nenas do 2º ciclo recibiron unha visita moi especial, Manuel Rivas, o famoso escritor galego autor de libros tan coñecidos como  Que me queres amor,  O lapis do carpinteiro,  Os libros arden mal, Todo é silencio, En salvaxe compaña,  Bala Perdida....
Nesta ocasión Manuel Rivas agasallounos cunha representación musicada do seu conto  O raposo e a mestra e contou coa colaboración especial de César,  un músico encargado de trasladarnos á historia cos sons dos seus instrumentos.
Manuel interpretou a Pindo, un raposo con ollos de lanterna que enfeitizaba ata ao can máis fero. Pindo soubo a través do seu amigo Serafín que había unha nova mestra na vila, Rosa, que tiña un galiñeiro fantástico. Pindo non o dubidou e as galiñas de Rosa convertíronse no seu próximo obxectivo , mais esta non llo poría nada fácil...
Manuel Rivas explicounos que a elección do nome de Pindo  para o raposo foi en honra ao Monte Pindo, recentemente queimado.






Ao rematar, Manuel Rivas asinou os nosos libros e conversou cos nenos e as nenas.






No hay comentarios:

Publicar un comentario