17 de junio de 2014

Contacontos Soledad Felloza

A CONTACONTOS SOLEDAD FELLOZA VISITA O NOSO COLE


O venres 13 de xuño de 2014 o alumnado de 2º ciclo de primaria recibiu  a visita da contacontos Soledad Felloza.
Soledad Felloza é unha recoñecida contacontos de orixe uruguaio. Participou en festivais de Chile , Uruguay, Arxentina, Bolivia, Venezuela, Holanda, Italia, Portugal ou España.  E ten editado contos como  "De Tin Marín".
Mais Soledad é tamén dramaturga, fotógrafa e actriz e dirixe obradoiros de expresión, teatro e narración en colexios, escolas e bibliotecas de Uruguay, Arxentina, Venezuela ou España. Traballa tamén en programas de radio e televisión.
O venres 18 de xuño contounos varios contos e mesmo nos dou algún consello ben interesante, como por exemplo como  sacarlle un sorriso á nosa mamá cando está malhumorada.








No hay comentarios:

Publicar un comentario