Os/as
nen@s de 1º ciclo de primaria recibiron a visita de Jacobo Fernández Serrano DEBUXANTESCRITOR EN CÓMICS,
LIBROS E CADROS.
Nas aulas leron os seus cómics:
·
MARCOPOLA, A ILLA REMEIRA. 1. As orixes de
Marcopola.
MARCOPOLA, antes de chamarse Marcopola, era
unha illa illada no medio do océano, e aburríase moito. Todo cambiou aquela
mañá en que un estraño obxecto apareceu na súa praia. Que sería esa cousa tan
rara? Para que serviría? Marcopola. A illa remeira é o inicio dunha serie de
cómic para os primeiros lectores que seguirá coa publicación de Marcopola e os
piratas da Lúa!
·
MARCOPOLA, A ILLA REMEIRA. 2. Os Piratas da
Lúa.
Nesta nova aventura MARCOPOLA e LIBRO coñecen
os Piratas da Lúa, unha estrafalaria banda de mariños nocturnos moi amigos da
festa rachada. Xuntos pasarano de marabilla, mais tamén haberán de enfrontarse
ao malvado Almirante Cobreguiña e á súa desapiadada tripulación.
Durante
a visita charlar Jacobo Fernández Serrano
falou c@s nen@s, debuxou e firmoulle os
libros.