A CONTACONTOS SOLEDAD FELLOZA VISITA O NOSO COLE
O venres 13 de xuño de 2014 o alumnado de 2º ciclo de primaria recibiu a visita da contacontos Soledad Felloza.
Soledad Felloza é unha recoñecida contacontos de orixe uruguaio. Participou en festivais de Chile , Uruguay, Arxentina, Bolivia, Venezuela, Holanda, Italia, Portugal ou España. E ten editado contos como "De Tin Marín".
Mais Soledad é tamén dramaturga, fotógrafa e actriz e dirixe obradoiros de expresión, teatro e narración en colexios, escolas e bibliotecas de Uruguay, Arxentina, Venezuela ou España. Traballa tamén en programas de radio e televisión.
O venres 18 de xuño contounos varios contos e mesmo nos dou algún consello ben interesante, como por exemplo como sacarlle un sorriso á nosa mamá cando está malhumorada.