18 de junio de 2014

REXISTRO METEROLÓXICO.


 Adrián e o seu grupo de compañeiros, de 4º C, durante o curso 2013-2014 desenvolveron un pequeno traballo de investigación, coordinado pola profe Cris.

 Consistiu en :

 
 a) Recollida de datos: observación no recreo de como está o ceo; e apuntalo nunha táboa Todos os días do curso dende o mes de outubro ata xuño. Vaia esforzo!...

 

Responsable: Adrián... NENO DO TEMPO!!.

 
 
 

b) Análise dos datos recollidos, elaboración de gráficas e conclusións máis relevantes.

 

 
 
Responsable: alumnado de 4ºC.

 

 

 Esta actividade é similar ao traballo que fan os grandes investigadores!!!!!!!!!!!!!.

 CONCLUSIÓNS:
 
Xaneiro :
·     Non vimos o sol.
Febreiro:
·     Máis chuvioso.
·     Nevou.
·     Un pouco de todos os símbolos.
Marzo:
·     Máis  días de sol.
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
4º C e Aula Pedagoxía Terapéutica.
 
 

17 de junio de 2014

Contacontos Soledad Felloza

A CONTACONTOS SOLEDAD FELLOZA VISITA O NOSO COLE


O venres 13 de xuño de 2014 o alumnado de 2º ciclo de primaria recibiu  a visita da contacontos Soledad Felloza.
Soledad Felloza é unha recoñecida contacontos de orixe uruguaio. Participou en festivais de Chile , Uruguay, Arxentina, Bolivia, Venezuela, Holanda, Italia, Portugal ou España.  E ten editado contos como  "De Tin Marín".
Mais Soledad é tamén dramaturga, fotógrafa e actriz e dirixe obradoiros de expresión, teatro e narración en colexios, escolas e bibliotecas de Uruguay, Arxentina, Venezuela ou España. Traballa tamén en programas de radio e televisión.
O venres 18 de xuño contounos varios contos e mesmo nos dou algún consello ben interesante, como por exemplo como  sacarlle un sorriso á nosa mamá cando está malhumorada.








8 de junio de 2014

VISITA DO ESCRITOR MANUEL RIVAS

VISITA DO ESCRITOR MANUEL RIVAS


O martes 3 de xuño de 2014 os nenos e as nenas do 2º ciclo recibiron unha visita moi especial, Manuel Rivas, o famoso escritor galego autor de libros tan coñecidos como  Que me queres amor,  O lapis do carpinteiro,  Os libros arden mal, Todo é silencio, En salvaxe compaña,  Bala Perdida....
Nesta ocasión Manuel Rivas agasallounos cunha representación musicada do seu conto  O raposo e a mestra e contou coa colaboración especial de César,  un músico encargado de trasladarnos á historia cos sons dos seus instrumentos.
Manuel interpretou a Pindo, un raposo con ollos de lanterna que enfeitizaba ata ao can máis fero. Pindo soubo a través do seu amigo Serafín que había unha nova mestra na vila, Rosa, que tiña un galiñeiro fantástico. Pindo non o dubidou e as galiñas de Rosa convertíronse no seu próximo obxectivo , mais esta non llo poría nada fácil...
Manuel Rivas explicounos que a elección do nome de Pindo  para o raposo foi en honra ao Monte Pindo, recentemente queimado.






Ao rematar, Manuel Rivas asinou os nosos libros e conversou cos nenos e as nenas.






7 de junio de 2014

VISITA DE JESÚS ASOREY A CLASE DE 5 ANOS B


Os/as nenos e nenas de 5 anos B, xunto coa súa mestra Nelly, iniciáronse nun proxecto que tiña como fin coñecer un pouco mellor o mundo das abellas. O porqué deste proxecto non é máis que coñecer un pouco máis Pepa a súa mascota.


Na aula fixeron  traballos que lles axudou a coñecer un pouco máis o mundo das abellas. Fai clic na imaxe para ver unha pequena mostra do seu traballo …

https://docs.google.com/presentation/d/1OC8plpm6Y4pJUjAiuoDuK0OaGd1hBGVRacFlkFEAFwo/edit#slide=id.p14



Quixeron que este proxecto chegase ás familias. Así coas achegas  das familias e nós ambientamos a aula.














No mes de abril, grazas á colaboración coas familias recibimos a visita de Suso Asorey que no ano 2004, fundou “A casa das abellas”, centro de visitantes, dedicado a salientar o imprescindible labor ambiental das abellas e o valor dos seus extraordinarios produtos.
Tamén é o autor de “Historia dunha pinga de mel, da flor á mesa” e o libro “A marabillosa historia da abella Apolinaria”. Fai clic na imaxe para acceder "A casa das abellas"


http://www.casadasabellas.com/presentacion.html



Unha maleta cheíña de abellas foi a forma na que Suso quixo empezar esta charla cos neno/as. Nela puideron ver a raíña, os zánganos e as obreiras.






·        Sabedes…..
 
Quen vive na colmea?

 

Como se alimenta a raíña? Cal é o seu traballo?




As abellas teñen dous estómagos?


Os nenos fixeron unha vela ….



















E remataron probando o mel …





No quixemos que marchasen sen  que levase un pequeno recordo dos nenos/as e a profe.














GRAZAS POLA VISITA E ATA PRONTO!





30 de mayo de 2014

ASÍ CELEBRARON O DÍA DO LIBRO OS/AS NENOS/AS DE TRES ANOS.


     O 23 de abril foi o Día do libro e os/as  nenos/as de 3 anos celebrámolo por todo   o alto. Lemos libros na aula, fixemos coa axuda das nosas familias dous libros de contos tradicionais, coloreamos os marcapáxinas de Botalerias,... e o máis especial! Os contacontos das nosas mamis e papis na biblioteca do centro:  moitas grazas a mamá de Bruno, a mamá de David, a mamá de Nuria, a mamá Érika, a mamá de Mauro, a mamá de Hugo e os papás de Xabi Regos.
 

 

 





 

27 de mayo de 2014

50 ANOS CON MAFALDA


Quino, o creador de Mafalda, foi galardoado o mércores 21 de maio co Premio Príncipe de Asturias de Comunicación e Humanidades 2014.

 Este premio chégalle a Quino o mesmo ano no que se celebra o 50 aniversario da creación deste popular cómic.

23 de mayo de 2014

LETRAS GALEGAS 2014


O vindeiro 17 de maio celébrase o Día das Letras Galegas. Este ano o Homenaxeado é
 Xosé María Díaz Castro  (1914 – 1989), poeta orixinario de Os Vilares de Parga, Guitiriz ( Lugo). 





Podes ver aquí un conto editado polo colectivo Fabaloba.

“O neno e a estrela” é un relato ilustrado creado a partir dalgunhas das temáticas do libro de poemas “Nimbos” de Xosé María Díaz Castro. O protagonista da historia é Díaz Castro cando neno, que debe asumir a tarefa da devolver unha estrela ao seu lugar no universo.
(Fai clic na imaxe para poder  ler o libro)


http://www.youblisher.com/p/873214-O-neno-e-a-estrela/
Enlaces de interés:


  1. Fai clic no seguinte enlace se queres saber máis da súa vida.
 

 

2. “Penélope” o poema máis coñecido de Díaz Castro, vídeo que nos ofrece  As Barxas.


                                              




http://www.edu.xunta.es/centros/ceipaponte/system/files/u27/letras_gallegas_2014.swf


Pasapalabrasobre a figura de Díaz Castro, pon a proba os teuscoñecementos, tamén doCeip A Ponte de Lugo





CELEBRACIÓN DOS MAIOS NA SEMANA DAS LETRAS

Dende o 12 ao 16 de maio non CEIP Castelao de Ordes celebramos a festa dos Maios.Durante esta semana decoramos os nosos Maios con fiuncho, flores, ovos vacíos, colares de laranxas... Divertímonos moito! 
E como non podía faltar nunha celebración dos Maios, cantamos coplas e cancións ao seu arredor!






CONTO MUSICADO DE 3ºC

O día 16 de maio os nenos e as nenas de 3º C agasallaron ao segundo ciclo cun conto musicado para celebrar as nosas Letras:
 

E para rematar a mañá cantamos todos a canción "Esa lus", adicada a Xosé María Díaz Castro, con fragmentos dos seus versos, proposta polo Ies. Poeta Díaz Castro de Melide.