23 de febrero de 2014

RECORDANDO A ROSALÍA DE CASTRO






O 24 de febreiro conmemórase o Día de Rosalía, coincidindo coa data na que naceu no ano 1837.

No noso colexio quixemos facerlle unha pequena homenaxe a unha das escritoras máis importantes na nosa literatura e fixemos un pequeno percorrido pola súa vida e obra.





24 DE FEBREIRO - DÍA DE ROSALÍA DE CASTRO

O 24 de febreiro de hai 177 anos naceu unha das escritoras claves da literatura e da historia de Galicia , Rosalía de Castro. Poeta e novelista tanto en lingua española como galega, está considerada como unha das escritoras máis importantes do S.XIX.
Rosalía naceu en Santiago de Compostela, en 1837. Desde ben nena pasou a vivir coa súa nai, primeiro na zona de Padrón e, a partir de 1850, en Santiago de Compostela, lugar de encontro dos intelectuais comprometidos co movemento provincialista.

Rosalía marcha a Madrid, en 1856. Alí casa con Manuel Murguía en 1858 e publica as súas primeiras obras: o poemario La Flor (1857) e mais a novela La hija del mar (1859). Nesta última aparece xa a Rosalía feminista, a escritora que, dentro dos estreitos límites que lle impón a época, fai unha alegación en defensa dos dereitos da muller.

A década dos 60 foi un período de grande efervescencia intelectual e política. Neste ambiente de ilusión e esperanza no futuro, Rosalía escribiu os Cantares gallegos, cuxa publicación, en 1863, marcou o inicio do Primeiro Renacemento.

Rosalía era por entón unha escritora profesional que colaboraba con regularidade en diversas publicacións, mentres atendía ás obrigas familiares que a levaron a residir unhas veces en Castela e outras en Galicia, onde ficará definitivamente na década dos 70.


Á ilusión seguiu o desengano, agravado polas dificultades económicas derivadas do cambio político. A máis relevante escritora das nosas letras tivo que publicar o seu derradeiro poemario galego, Follas Novas (1880), na Habana e Madrid. O desencanto e a amargura ditaron as "Dúas palabras da autora" con que se abre este poemario, en que a muller galega, os nenos, os vellos e todos os desposuídos encontraron a súa voz propia.

Rosalía  morre en 1885, deixando unha importantísima obra en español, poética (En las orillas del Sar) e narrativa (El primer loco, Ruinas, El caballero de las botas azules). 

No centenario da publicación de Cantares Gallegos, a Real Academia Galega consagrou o 17 de Maio á celebración do Día das Letras Galegas, que lle foron dedicadas a Rosalía na súa primeira edición.

Símbolo do pobo galego apostou pola nosa lingua, a galega, nunha época na que estaba totalmente desprestixiada. Así o galego cobraba vida na súa voz, nos seus textos.

Os restos da nosa máis insigne escritora repousan no Panteón de Galegos Ilustres, en San Domingos de Bonaval.

Velaquí tedes algúns dos seus poemas máis coñecidos:

NEGRA SOMBRA , interpretada por Luz Casal


 ADIÓS RÍOS , ADIÓS FONTES , interpretada por Amancio Prada


 Os máis pequenos podedes disfrutar tamén de Rosalía con este conto onde poderes atopar algúns dos seus poemas interpretados por Uxía:




ENLACES DE INTERESE:






LIM PARA ED. INFANTIL E 1º CICLO DE PRIMARIA.








LIN PARA O 2º E 3º CICLO DE PRIMARIA (A CARACOLATOLA)

FUNDACIÓN ROSALÍA DE CASTRO




7 de febrero de 2014

VISITA DO ESCRITOR XELÍS DE TORO





O PASADO VENRES 20 DE DECEMBRO DE 2013 O ALUMNADO DE 3º CURSO DE EDUCACIÓN PRIMARIA RECIBIU UNHA VISITA MOI ESPECIAL:

O ESCRITOR XELÍS DE TORO!

XELÍS VIAXOU DENDE LONDRES, ONDE VIVE ACTUALMENTE,  PARA VIR A FALARNOS DUN DOS SEUS LIBROS, “ O GATO FANTASMA”,

QUE ESTIVERON LENDO AS NENAS E OS NENOS DE 3º NO PRIMEIRO TRIMESTRE.






FOI UNHA XORNADA MOI DIVERTIDA ONDE REVIVIMOS A HISTORIA DE DOUS AMIGOS, ROLO E PESTIÑA, CUN GATO.

XELÍS DESVELOUNOS CURIOSIDADES DA CREACIÓN DESTA HISTORIA, COMO A ELECCIÓN DO NOME DOS PERSONAXES OU DO GATO, MAIS TAMÉN NOS CONTOU COMO COMEZOU A ESCRIBIR LIBROS E SE CONVERTEU EN ESCRITOR.

VELAQUÍ TEDES ALGUNHAS FOTOS:







XELÍS DE TORO NON SÓ ESCRIBIU “O GATO FANTASMA” PARA NENOS E NENAS, É AUTOR DE OUTROS TÍTULOS COMO “ PACOPECO PEQUENEIRO-O MARCIANO AZUL”, “PACOPECO PEQUENEIRO- O XENIO XENIAL”, “PACOPECO PEQUENEIRO- UNHA CHUVIA DE METEORITOS”, “ A MÁQUINA CONTACONTOS”, “ O TROMPETISTA E A LÚA”,     “ O NENO PERDIDO”, ETC.


XELÍS TAMÉN ESCRIBE PARA ADULTOS, ALGÚNS DOS SEUS TÍTULOS SON: “RIOFERO”, “NON HAI DISCORDIA”, “TRAS LAS HUELLAS DEL INGLÉS” OU “ O LIBRO DAS PONTES INVISIBLES”, ETC.


MAIS XELÍS DE TORO TAMÉN CANTA, E NO NOSO COLE AGASALLOUNOS CUN PEQUENO RAP:




3 de febrero de 2014

30 DE XANEIRO DÍA DA PAZ

 
 
 
            Os corredores do cole enchéronse de bolboretas o Día da Paz.
Bolboretas feitas polo/as nenos/as do cole que seguían
 o camiño que levaba ata esta lenda… 
 
              



A  LENDA  DAS BOLBORETAS



                                            Conta unha lenda

que os indios americanos

pensaban que as bolboretas

eran quen de levar

os nosos mellores desexos

                            aos deuses.
 

Atrapar unha bolboreta,

susurrarlle un desexo e… liberala

aseguráballes que este sería cumprido.

Dende entón,

as bolboretas

foron símbolos de alegría,

esperanza, beleza,

boas novas e…

PAZ
 
 

 
 
 
               
 
 
 
 

2 de febrero de 2014

Contos e música para o Día da Paz

Na aula de música   mesturamos a literatura coa música para conmemorar  unha data tan especial como é o 30 de xaneiro, día da Paz. Escoitamos, cantamos, lemos  e miramos contos que  nos ofrecen algo máis  que  historias con contidos musicais.

 

É posible que non o creas, pero para que o  ruído se converta en música o máis  importante é levarse ben.

   Elefante e Crocodilo son veciños. 
A Elefante ponlle nervioso oír o violín de
Crocodilo, e este non soporta o son da    trompeta de Elefante. Terán que acontecer moitas cousas antes de que poidan tocar os dous xuntos!
 
                       
       Sofía  deixa a súa aldea, onde é moi querida por todos os veciños para ir á cidade en busca dun soño: participar nun concurso musical. Busca unha banda que queira contratala como cantante,  pero resúltalle moi difícil.    
       
   Aínda que ela é unha extraordinaria artista, tropézase con que as orquestras a rexeitan porque non é demasiado alta, porque os seus cornos son pequenos ou porque non é de cor branca e negra. É dicir, rexéitana por cuestións que nada teñen que ver coa música. Que pode facer? Antes de regresar decepcionada á súa aldea, comproba que sempre hai algo ou alguén que, nos momentos máis baixos, pode darnos ese pequeno empuxonciño que necesitamos para superar os contratempos cos que nos tropezamos na vida.
 
                 Hai persoas de tódolos tamaños, formas e cores.
 
 

Hai persoas con gustos e afeccións moi diferentes, pero cada   unha delas é especial.
"O importante é ter amigos
     cos que poder xogar:
     altos ou máis baixiños,
      louros ou morenos.
      Iso a min dáme igual
     TI ES ESPECIAL!”
 
 

 
 
 
O Gran xeneral estaba preocupado. No seu uniforme cheo de condecoracións  gañadas en multitude de batallas había un pequeno rinconciño baleiro. Que podía facer para gañar unha medalla?  Non se lle ocorreu mellor cousa que iniciar unha guerra  pero  no medio das súas tropas había un pequeno e vello grupo de soldados moi especiais: a banda musical de xubilados do exército.
   A historia está chea de expresións e palabras que mesturan a linguaxe propia dun militar con expresións  e frases feitas moi musicais.