21 de abril de 2014

23 DE ABRIL DÍA DO LIBRO.

 
23 de abril de cada ano, dende 1976, e coincidindo coa celebración do Día do Libro, fállase o Premio Cervantes.
Este ano dito premio recoñece o labor literario de Elena Poniatowska .Coñecida como a rebelde 'Princesa Roja', Poniatowska  é unha  das voces máis poderosas da literatura en español da actualidade.

A autora de “ La piel del cielo” recibe o recoñecemento maís importante das letras hispanas pola súa “brillante” traxectoria literaria e unha dedicación “exemplar” ao periodismo sempre dende un firme compromiso coa historia contemporánea”, segundo o      fallo do galardón.







Dende a biblioteca pensamos que sería unha boa forma de
 celebrar o  Día do libro facendo un marca páxinas coa nosa
 mascota, Botalerias.

"Aprende a viaxar nun libro e descubrirás un amigo".