30 de marzo de 2014

VISITA DE JACOBO FERNÁNDEZ SERRANO


Os/as nen@s de 1º ciclo de primaria recibiron  a visita de Jacobo Fernández Serrano DEBUXANTESCRITOR EN CÓMICS, LIBROS E CADROS.

Nas aulas leron os seus cómics:

·       MARCOPOLA, A ILLA REMEIRA. 1. As orixes de Marcopola.

 

MARCOPOLA, antes de chamarse Marcopola, era unha illa illada no medio do océano, e aburríase moito. Todo cambiou aquela mañá en que un estraño obxecto apareceu na súa praia. Que sería esa cousa tan rara? Para que serviría? Marcopola. A illa remeira é o inicio dunha serie de cómic para os primeiros lectores que seguirá coa publicación de Marcopola e os piratas da Lúa!

 

·       MARCOPOLA, A ILLA REMEIRA. 2. Os Piratas da Lúa.

Nesta nova aventura MARCOPOLA e LIBRO coñecen os Piratas da Lúa, unha estrafalaria banda de mariños nocturnos moi amigos da festa rachada. Xuntos pasarano de marabilla, mais tamén haberán de enfrontarse ao malvado Almirante Cobreguiña e á súa desapiadada tripulación.


 
Durante a visita charlar Jacobo Fernández Serrano falou c@s nen@s, debuxou  e firmoulle os libros.



 
 
 






19 de marzo de 2014

ACTIVIDADES DA SEMANA DA PRENSA


   A  pasada semana celebramos  a semana da prensa na escola realizando moitas e diversas actividades nas aulas. Esta semana os alumnos de I ciclo reciclaron o papel dos xornais  vellos dun xeito moi especial.

 
 
Primeiro  investigaron   diferentes sons que  se poden escoitar empregando unha simple folla de xornal. Escoitaron como sona  un papel cando o sacudimos, o fretamos, o engurramos,o estiramos, o rachamos...

 
 



Despois inventaron símbolos escritos para cada un dos sons e os organizaron creando unha partitura moi particular.

 
 
 
A continuación aprenderon unha breve retahila   sobre o papel  e finalmente interpretaron o “Rondó do papel” con diversos ritmos empregando as follas de papel como instrumento musical.





18 de marzo de 2014

Artur e Clementina.



Na aula de música  conmemoramos o 8 de marzo, día da muller contando e cantando a historia de Clementina

     Artur e Clementina comeza cunha preciosa historia de amor e ilusións compartidas entre dúas tartarugas. O paso do tempo fai que a monotonía entre na vida de Clementina que ve como todas as súas aspiracións son freadas por Artur quen a ridiculiza constantemente.

    Artur  e Clementina é unha historia  fabulada que  pretende poñer en valor   o rol feminino na sociedade, erradicar os estereotipos sexistas e a  discriminación, para cambiar mentalidades  e construír un mundo mellor.

17 de marzo de 2014

Contacontos para 2º Ciclo de Primaria

CONTACONTOS PARA 2º CICLO DE PRIMARIA

Os nenos e as nenas de 2º ciclo de primaria participaron o día 7 de marzo de 2014 nunha actividade moi divertida...

Asistiron a unha sesión de CONTACONTOS na nosa biblioteca!

Manuel Solla é  o nome do contacontos que nos visitou.


Manuel preguntounos sobre os nosos libros favoritos e agasallounos con un conto dunha princesa que quería ir a un baile...







As nenas e os nenos representárona despois...








E rematou cun truco de maxia...