19 de febrero de 2015

VISITA AUTOR DE “FELIZ FEROZ”.


O pasado 10 de febreiro visitou a biblioteca do cole El Hematocrítico, o autor do libro “Feliz Feroz”.
Despois dunha charla cos nen@s do 1º ciclo de primaria, asinoulles  os libros.
 
 
Por certo está a traballar nun novo libro e pediulle axuda aos cativos para escoller o título. Aquí tedes algunhas propostas.
 
 Moitas grazas pola visita.



 

 
 

12 de febrero de 2015

LIBRO DOS NEN@S DE 4 ANOS B


Imos ter sorte.

Os fondos da nosa biblioteca van aumentar cando os nen@s de 4 anos B rematen o libro que están escribindo coas súas familias.




Ánimo, escritores!

10 de febrero de 2015

CLUB DE LECTURA "BOTALERIAS"

DÍA DA PAZ


A pombiña da Paz comparte cos alumn@s de 1ºB mensaxes en forma de cómic para que reflexionen e falen sobre o tema.




“XORNADAS DE EXPOSICIÓN E DIVULGACIÓN DO MUNDO DO CÓMIC”


Continuando co programa de oferta de actividades que dende a Biblioteca do C.E.I.P. A.D.R. Castelao se están a desenvolver durante o presente curso, próximamente na Biblioteca realizarase unha actividade que consistirá nunhas “Xornadas de exposición e divulgación do Mundo do Cómic”.

Estas xornadas teñen como finalidade a promoción da participación de nais e pais nas actividades da Biblioteca Escolar, como fonte de estímulo para a lectura do noso alumnado, ampliando espazo educativo habitual e favorecendo a interacción da comunidade educativa.

A actividade polo tanto está orientada á participación de nais e pais do alumnado do noso centro e o número máximo de participantes en cada xornada será de 25. Para participar será necesario confirmar a asistencia chamando ao número de teléfono do centro, 981 68 08 42.

Para posibilitar a máxima participación realizarase en varias xornadas a partir do mércores 11 de febreiro, en horario de 16:30h. a 17:30h.

9 de febrero de 2015

O CÓMIC DA CASTAÑA E O VERME. CURSO ACADÉMICO 2014-15.



 
Este traballo foi  realizado polos nenos e nenas de 4 anos A do CEIP “A.D.R.Castelao” (Ordes). Xurdiu como centro de interese dende o equipo da biblioteca deste centro,pois unha das súas propostas para este ano é o cómic. Así que, dende esta clase, puxémonos mans á obra.
Foi un traballo moi interesante, pois é un formato de lectura pouco habitual e que requiriu dunha introdución.Nesta etapa educativa, aproximámonos á lectura dende múltiples formas, e dende logo o cómic, está sendo unha ferramenta moi enriquecedora.Hai que salientar que non só é fundamental a descodificación das letras, senón que é necesaria a atención nas súas viñetas, xa que en cada unha delas sempre sucede algo!. É unha información visual que acompaña a este proceso. Outras ferramentas que tiveron que estar presentes é a orientación espacial e temporal, pois para o desfrute da lectura dun cómic é fundamental.
Neste contexto, e logo da lectura de varios cómics na aula, pareceunos que a propia elaboración dun cómic, sería interesante para a interiorización deste novo formato para os nenos e nenas. Elaborando a estrutura, será máis doado ter en conta todos os aspectos mencionados.
E así foi. Co motivo da chegada do outono e das castañas, elaboramos unha sinxela historia doada de adaptar ao cómic. Tivemos que aprender conceptos como “viñeta”, “diálogo”, “bocadillos”….
Os nenos e nenas traballaron moito: ilustraron, recortaron, escribiron…
Unha vez realizado, desfrutamos coa súa lectura. E seguiu sendo un recurso educativo,  xogando a adiviñar que dicían as súas persoaxes, por exemplo.
Agardamos que vos guste!!!
Os nenos e nenas de 4 anos A e a súa mestra.