28 de junio de 2016

21 de junio de 2016

PLAN PROXECTA 2015-2016 2ª PARTE


ACTIVIDADES DE 1ºC
 
Queremos deixar unha mostra do traballo realizado este curso polos nen@s de 1ºC dentro do Plan Proxecta.
 
Todas as actividades que levamos a cabo tiveron como obxectivo a concienciación da importancia do coidado e respecto dos animais.
 
A actividade inicial de motivación e introducción da temática foi a lectura e traballo co libro dos Bolechas, Sultán non ten microchip. Para o desenvolvemento do Proxecta cada nen@ fixo unha exposición sobre a súa mascota, en grupos elaboraron murais coa información recollida, inventaron entre todos un conto colectivo chamado  A cadela valente, elaboraron un libro recopilatorio sobre as súas mascotas e visitaron a canceira municipal da Ordes. Como actividade final, recibimos a visita na aula dalgunhas mascotas dos nos@s compañeiros.
 

14 de junio de 2016

PLAN PROXECTA 2015-2016 1ª PARTE


Este ano, no CEIP Castelao,  estivemos traballando dentro do Plan Proxecta  un proxecto moi interesante "Protexe os animais". 
Aqui tedes as actividades que fixeron cada un dos cursos que formaron parte deste proxecto:

ACTIVIDADES D@S NEN@S DE 1ºB


As actividades están no seguinte enlace: OS TRABALLOS D@S NEN@S DE 1ºB

ACTIVIDADES D@S NEN@S DE 2ºB







Tamén creamos un conto rimado, no que cada páxina está deseñada por un neno ou nena distinto, participando a totalidade do alumnado.



  Despois de todo o traballo aquí tedes as nosa REFLEXIÓNS!!!!

8 de junio de 2016

ORDES, UNHA AVENTURA OLÍMPICA.

Os/as nen@s de 5 anos A, en colaboración co Equipo de Biblioteca, realizamos un traballo sobre os Xogos Olímpicos e Europa. Como sabedes, foi o tema común parato o cole!! 
Púxemos mans á obra e, tanto nos emocionamos que  chegamos ata as aldeas de Ordes. 
Queredes ver o noso traballo?










7 de junio de 2016

22 de mayo de 2016

LETRAS GALEGAS 2016


Este ano o 17 de maio está adicado a : MANUEL MARÍA.


Tres poemas de Manuel María,  enchen de cor as escaleiras do cole: "Poceiras", "O Miño", e "Galiza".




11 de mayo de 2016

A CANCEIRA NA BIBLIOTECA

Esta semana visitaron a nosa biblioteca os da canceira municipal de  Ordes. Para charlar cos/as nenos/as  acerca da importancia de coidar e respectar aos animais, así como promover o non abandono, entre outros moitos aspectos.
Esta actividade forma parte do Plan Proxecta "Protexe os animais"









26 de abril de 2016

DÍA DO LIBRO

Como cada 23 de abril no cole, celebramos o DÍA DO LIBRO.




Este ano no que se cumpren 400 anos do falecemento de Miguel de Cervantes, realizáronse varias actividades centradas no “Quixote”, dirixidas a todo o alumnado do centro. Entre elas: marcapáxinas co tema do “Quixote”, a proxección dun dos capítulos de debuxos animados da serie televisiva “Don Quijote de la Mancha”, lectura colectiva da obra “Don Quijote de la Mancha”….








7 de abril de 2016

5 de abril de 2016

DÍA INTERNACIONAL DA ACTIVIDADE FÍSICA – 6 de abril de 2016



O mércores 6 de abril, con motivo da conmemoración do “Día Internacional da Actividade Física”, no CEIP ADR Castelao de Ordes realizaremos unha serie de actividades físicas no noso centro dirixidas ao alumnado de Educación Primaria.

A OMS no ano 2002 decidiu adicar un día para celebrar a vida entorno ao exercicio físico. O Día Internacional da Actividade Física celébrase dende entón cada 6 de abril e trátase dun día no que se convida á poboación mundial á realización de exercicio físico diario para mellorar a súa saúde. Ademais esta celebración coincide coa celebración ao día seguinte do Día Mundial da Saúde, que todos os anos se celebra o 7 de abril.

O aumento da Actividade Física é beneficioso para a Saúde en todos os grupos de idade. A OMS fai unhas recomendacións sobre a cantidade óptima de Actividade Física e incide na necesidade de que as persoas inactivas comecen con pequenas cantidades de exercicio físico e incrementar gradualmente a súa duración, frecuencia e intensidade.
 


 
 

Nos seguintes enlaces podedes atopar datos de interese en relación coa Actividade Física e a Saúde, e algunhas recomendacións da OMS (Organización Mundial da Saúde):
 
 
 
 
 
 

 



17 de marzo de 2016

CONTACONTOS MARÍA DA PONTRAGHA


A contacontos María da Pontragha tivo no centro o 16 de marzo cos nen@s de 3º, 4º, 5º e 6º.


Moitas grazas por compatir c@s nen@s os teus contos e historias María.

14 de marzo de 2016

SELECCIÓN DE BIBLIOAXUDANTES.



O martes 15 de marzo iniciouse  o proceso de selección de biblioaxudantes entre os/as nen@s de 5º e 6º de Educación Primaria.


 

10 de marzo de 2016

8 DE MARZO DIÍA DA MULLER TRABALLADORA


O 8 de marzo, @s alumn@s de 2ºB, conmemoraron o día da muller.

A doutora Ana Belén Mira, mamá de Alba Gómez, alumna de dito curso. A doutora contestou a todas as preguntas dos nen@s e fíxolles un "chequeo" xeralizado a tod@s.




9 de marzo de 2016

DÍA DA MULLER TRABALLADORA

Lina Fuentes, nai  do deportista olímpico Iván Raña, visitou o noso centro o día 8 de marzo, con motivo da celebración do Día da Muller Traballadora.
 Na biblioteca do cole foi onde Lina respondeu a todas as preguntas realizadas polos nen@s .
MOITAS GRAZAS POR TODO!

18 de febrero de 2016

10 de febrero de 2016

30 DE XANEIRO DÍA DA PAZ

 Mensaxes de PAZ encheron o cole para pedir A PAZ NO MUNDO!!

Entroido 2016

No  Entroido o meco foi o encargado de ir animando día a día a  semana. Por certo, un meco moi "olímpico" ? Non vós parece?



O venres no pavillón  foron desfilando os/as nenos/as de Infantil de medallas de ouro, prata e bronce. Os/as de Primaria de disfrazados bandeiras dos cinco continentes. 






Entre todos encheron  de música e cor a xornada.