25 de mayo de 2015

MAIOS NO CASTELAO


“Este mes de maio é o mes das flores,

 cando os namorados deixan ver os seus amores.

Seguindo o costume do ano pasado

aquí vimos todos, vimos cantar o maio.”

( Cantiga popular)

 

Un ano máis celebramos os Maios no Castelao.

Rapaces de infantil e primaria encheron a escola con aromas a  fiuncho, xestas e flores para realizar os Maios artísticos que colocaron no patio da entrada.

“Pobres dos xardíns, montes e prados,

      quedaron sen nada por onde pasamos
 
 

18 de mayo de 2015

"I Concurso Conxunto de Fotografía Matemática do CEIP ADR Castelao e o lES N°1 de Ordes"


BASES DO CONCURSO

 

1. TEMA: As fotografías matemáticas. Deben ser fotografías que representen conceptos ou ideas matemáticas a partir de imaxes cotiás. Terán que ser fotografías orixinais, inéditas e non manipuladas dixitalmente.

 

2. DESTINATARI@S: Poderán participar alumn@s de Educación Infantil e Educación Primaria do C.E.LP. A.D.R. Castelao e de ESO, Bacharelato e Ciclos Formativos do LE.S. N°1 de Ordes, distribuídos nas seguintes categorías:

a. Educación Infantil: 4°, 5° e 6°                   b. Educación Primaria: 1° e 2°

c. Educación Primaria: 3° e 4°                       d. Educación Primaria: 5° e 6°

e. E.S.O. – PCPI 2/ESA                          f. Bacharelato – Ciclos Formativos

*A participación será individual.

 

3. NÚMERO DE FOTOS: Cada participante poderá presentar un máximo de dúas fotografías.

 

4. FORMATO DAS FOTOS: O tamaño de impresión mínimo será de 15 cm x 20 cm e o máximo de 20 cm x 30 cm, cun peso máximo de 1,5 Mb.

 

5. PRESENTACIÓN DAS FOTOS: Cada fotografía debe ir acompañada dun título e dun breve texto descritivo/explicativo da mesma e da súa relación co mundo matemático. Non serán válidas as fotos que non cumpran as normas de presentación.

 

6. LÍNGUA: O galego será a lingua utilizada para os títulos e os textos que acompañen as fotografías.

 

7. PREMIOS: Outorgaranse dous premios por cada unha das categorías, un primeiro consistente nun vale de 25 para material de librería e un segundo de
15 .

 

8. FORMA DE ENTREGA: As fotografías remitiranse mediante correo electrónico ás direccións:

CEIP Castelao: colecastelao2013@gmail.com         IES nº 1 Ordes: bibliotecaies1ordes@gmail.com

 

9. DATA LÍMITE DE ENTREGA: A recepción das fotografías será desde o luns 18 de maio ata o mércores 3 de xuño de 2015.

 

10. XURADO: Estará composto por representantes de cada un dos centros educativos participantes.

 

11. FALLO: O resultado do concurso fallarase o 12 de xuño de 2015 e será publicado no blog da biblioteca e tamén comunicado con antelación aos premiad@s.

 

12. EXPOSICIÓN: Unha selección das fotografías aportadas serán expostas e a totalidade dos materiais entregados para o concurso poderán ser usados pola organización do mesmo.

14 de mayo de 2015

LUTHIERS DE 5º


O alumnado de quinto curso de primaria presentou e expuxo o seu traballo como luthiers.

Finalizando o segundo trimestre,  alumnos e alumnas de 5º curso  estudaron a clasificación de instrumentos na aula de música. A partir de información atopada en INTERNET e na biblioteca de aula e do centro, prepararon a elaboración de instrumentos musicais realizados con materiais de reciclaxe ou elementos caseiros empregados para outros usos na casa. Tixolas, macetas, latas, caixas de zapatos, moldes de xeados, botellas, paus… abandonaron  a súa función habitual para formar parte dunha orquestra escolar moi particular.

Cada alumno realizou una presentación oral do seu instrumento e interpretou un esquema rítmico ou unha breve melodía con el. Explicaron tamén o seu traballo mediante unha ficha expositiva sobre a súa creación  en formato cómic, tema central da Casa de Botalerias para este curso.  




Os instrumentos permanecerán expostos  na entrada da escola durante o mes de maio ao tempo que os novos luthiers do Castelao elaborarán na aula de música sinxelas composicións musicais para interpretar en grupo con tan singulares instrumentos.