26 de abril de 2016

DÍA DO LIBRO

Como cada 23 de abril no cole, celebramos o DÍA DO LIBRO.




Este ano no que se cumpren 400 anos do falecemento de Miguel de Cervantes, realizáronse varias actividades centradas no “Quixote”, dirixidas a todo o alumnado do centro. Entre elas: marcapáxinas co tema do “Quixote”, a proxección dun dos capítulos de debuxos animados da serie televisiva “Don Quijote de la Mancha”, lectura colectiva da obra “Don Quijote de la Mancha”….








7 de abril de 2016

5 de abril de 2016

DÍA INTERNACIONAL DA ACTIVIDADE FÍSICA – 6 de abril de 2016



O mércores 6 de abril, con motivo da conmemoración do “Día Internacional da Actividade Física”, no CEIP ADR Castelao de Ordes realizaremos unha serie de actividades físicas no noso centro dirixidas ao alumnado de Educación Primaria.

A OMS no ano 2002 decidiu adicar un día para celebrar a vida entorno ao exercicio físico. O Día Internacional da Actividade Física celébrase dende entón cada 6 de abril e trátase dun día no que se convida á poboación mundial á realización de exercicio físico diario para mellorar a súa saúde. Ademais esta celebración coincide coa celebración ao día seguinte do Día Mundial da Saúde, que todos os anos se celebra o 7 de abril.

O aumento da Actividade Física é beneficioso para a Saúde en todos os grupos de idade. A OMS fai unhas recomendacións sobre a cantidade óptima de Actividade Física e incide na necesidade de que as persoas inactivas comecen con pequenas cantidades de exercicio físico e incrementar gradualmente a súa duración, frecuencia e intensidade.
 


 
 

Nos seguintes enlaces podedes atopar datos de interese en relación coa Actividade Física e a Saúde, e algunhas recomendacións da OMS (Organización Mundial da Saúde):