21 de junio de 2016

PLAN PROXECTA 2015-2016 2ª PARTE


ACTIVIDADES DE 1ºC
 
Queremos deixar unha mostra do traballo realizado este curso polos nen@s de 1ºC dentro do Plan Proxecta.
 
Todas as actividades que levamos a cabo tiveron como obxectivo a concienciación da importancia do coidado e respecto dos animais.
 
A actividade inicial de motivación e introducción da temática foi a lectura e traballo co libro dos Bolechas, Sultán non ten microchip. Para o desenvolvemento do Proxecta cada nen@ fixo unha exposición sobre a súa mascota, en grupos elaboraron murais coa información recollida, inventaron entre todos un conto colectivo chamado  A cadela valente, elaboraron un libro recopilatorio sobre as súas mascotas e visitaron a canceira municipal da Ordes. Como actividade final, recibimos a visita na aula dalgunhas mascotas dos nos@s compañeiros.
 

No hay comentarios:

Publicar un comentario